XA ESTÁ AQUÍ FREAO
ATENDE E PENSA UN POUCO

A ENERXÍA Ó LONGO DA HISORIA
Antes da Revolución Industrial do s.XVIII non existían as grandes fábricas. O traballo manual, a habilidade e o esforzo desempeñan un papel moi importante. Sen embargo xa había producción en serie.
O ser humano ó longo da historia foi buscando formas de xerar enerxía para facer unha vida mais sinxela. Gracias ao uso do coñecemento das formas de enerxía,foise capaz de cubrir as necesidades básicas.
A necesidade de enerxía é unha constatación dende o comezo da vida. Un organismo para crecer e reproducirse necesita enerxía. Os primeiros organismos obtiñan a enerxía directamente do Sol.
![]()
A utilización do vapor permitiu ampliar a producción. Apareceron as grandes fábricas e con esto foron desaparecendo os artesáns e estes fóronse convertendo en obreiros.
Todos estes feitos produciron transformacións na economía e na sociedade, e por esta razón se lle denominou a este proceso Revolución Industrial.
A fins do século XVIII ca aplicación da enerxía hidráulica a os procedementos industriais apareceron as fábricas chamadas ata entón muiños.
Co paso dos anos os científicos foron descubrindo outro tipo de enerxías. En primeiro lugar temos a solar fotovoltáica, en segundo lugar a xeotérmica que foi desenvolta para o seu aproveitamento como enerxía eléctrica en 1906. tamén a primeira central maremotriz que foi a de RANCE, en Francia.
Tamén aparece a electricidade e a destilación de petróleo,que producen importantes avances. Invéntanse máquinas accionadas con enerxía eléctrica. A destilación do petróleo e a obtención do gasoil e o kerosene, permiten utilizar combustibles como fonte de enerxía.
Hoxe en día os combustibles fósiles son os mais utilizados pero como xa sabemos, son limitados e é necesario desenvolver novas fontes de enerxía e mellorar a eficiencia das xa existentes.
REVOLUCIÓN INDUSTRIAL
Cara o ano 1780,en Inglaterra se creou un cambio económico e social que orixinou a Revolución Industrial.
Causas:
Expansión do comercio
Aumento da poboación
O aumento da poboación produciuse gracias a que a mortalidade Europea se reduxo. Tamén o aumento da poboación foi maior nas cidades e se produciron migracións especialmente cara América.
As melloras na agricultura favoreceron moito para q se fixera ese aumento,porque ao aumentar a producción, permitiu alimentar a unha poboación en rápido aumento.

As melloras técnicas proporcionaron man de obra para a industria.
Os beneficios obtidos polos terratenentes foron invertidos na agricultura,no comercio e nas novas industrias.
A necesidade de metais para os instrumentos agrícolas e a demanda de maquinaria, provocaron a evolución da industria metalúrxica e siderúrxica.
A innovación mais importante foi a máquina de vapor de James Watt que produciu consecuencias de gran importancia como a forte reducción do custe de enerxía.

Este desenvolvemento tecnolóxico na industria fixo posible a aparición da fábrica.
No tema político produciuse un afianzamento político da burguesía.
Tamén houbo cambios na vida porque a poboación concentrouse nas cidades con actividade industrial.
A producción en serie abaratou moitos artigos polo que deste modo melloraron as condicións de vida.
O traballo doméstico se fixo mais curto, ao incorporarse miles de mulleres ao traballo industrial.
As costumes da familia cambiaron a medida de que as mulleres comezaron a traballar fora do fogar.
CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO
Para dentro de 100 anos, a temperatura media da terra podería subir ata 6 graos, ocasionando a destrucción de moitas especies.
Millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e se espera que o seu uso se multiplique para o ano 2025. Moitas persoas están mal nutridas e se prevén un descenso na productividade agrícola en moitos países tropicais e subtropicais.
Os cambios do clima conducirán a un aumento no número de persoas con resgo a contraer enfermidades.
Cada ano moitas persoas sofren graves consecuencias debido a inundacións e se pensa que este número se duplique.
Estamos destruíndo o único planeta que temos e temos que darnos conta de que ese destino é irreparable.

CHARLA CON RAMÓN
Na nosa visita ao centro de xubilados encontrámonos cun agradable home disposto a axudarnos. O seu nome era Ramón López García de 84 anos de idade.
Ao principio da entrevista estaba un pouco nervioso pero pouco a pouco foi collendo confianza. A nosa primeira pregunta foi sobre as suas casas, queríamos saber como eran. Ramón botou un pequeno sorriso e nos dixo que eran iguais que agora. Para profundizar máis a nosa entrevista, preguntámoslle si eran máis pequenas ou si tiñan todo nunca soa habitación. Explicounos que había casas nas que no baixo do piso había vacas. Pero xa non o recordaba ben, vira algunha pero el non vivira nesas condicións.
Contóunos que eran sete irmáns e que ían vivindo cos poucos cartos que gañaba o seu pai navegando, ata que chegou a gerra. Ramón tivo que comezar a traballar coma un home, nas leiras con tan só 11 anos. Con tristeza recordaba aqueles tempos nos que a vida non era nada doada.
Formulamos a nosa seguinte pregunta, desta vez interesábamos saber como eran as ruas do noso pobo. Ramón botouse a rir. Díxonos que aquí na Pobra as ruas sempre foron iguais e que él non viviu sempre aquí. Tivo que ir a Estados Unidos e tamén estivo navegando.
O noso seguinte obxetivo era coñecer se daquela tiñan electrodomésticos. Interesóunos especialmente saber onde cociñaban, se tiñan frigorífico. Falóunos de que tiñan unha lareira de pedra, alí coas suas machadas cortaban a madeira e prendían o lume. Para continuar coa agradable conversa preguntámoslle como lavaban a roupa, se ían aos lavadoiros; sen ningún problema respondeunos que de todo iso ocupábanse as mulleres. Ian ao río e alí cada muller tiña a sua propia pedra para lavar.
A nosa seguinte pregunta estaba dirixida aos alimentos. ¿Comían os alimentos que eles mesmos collian? Comentóunos que non lles quedaba outro remedio porque non podían pagar outros alimentos xa que a miseria era moi abundante nese tempo. Tampouco había maneira de conservalos. As comidas as facían o mesmo día senón os alimentos apodrecian.
O noso amigo Ramón cóntanos como no seu tempo so existia un automóvil. Este vehículo a unica utilización que tiña era transportar aos enfermos dun lado para o outro, era como un taxi ao que lle chamaban “o de Cerqueira”.
A sua primeira golosina logrou tomala antes da guerra xa que o seu pai sempre lle traia algo de comer e de xogar. Con gran soltura e simpatía Ramón contóunos que a Navidade sempre se celebrou e que eran moito máis frias que agora.
Festas como a do Nazareno ou a do Carmen dos pincheiros sempre se celebraron. Tamén formaban as suas propias festas no monte. Tocando as pandeiretas e cantando pasaban o seu tempo de camiño á montaña. Entre risas Ramón nos confesou que o que nunca faltou nesas festas era “o garrafón do viño”.
Dende o punto de vista deste home a vida mellorou un 1000% xa que antes era moi dura. Ramón con 400 pesetas compraba de todo porque naqueles tempos todo era máis barato.
Así foi a entrevista co noso amigo Ramón, sen dúbida unha entrevista moi agradable.
Un forte saúdo para o noso compañeiro.
xaestaaquifreao dixo,
Novembro 14, 2008 a 10:38 am
Conclusiòn de Sara Olveira Pèrez:
Dende o meu punto de vista non estamos a tempo de acabar con todo isto,xa que,està todo moi evolucionado.
Podemos dismilnuìlo,pero para iso terìamos que ter a axuda de todo o mundo,e eso è moi difìcil.
Todo è cuestiòn de poñerse,pero para iso necesìtase moito traballo,a colaboraciòn do goberno,dos cidadàns…..etc
Todo è posible se hai comunicaciòn pero non è o caso.
Neste mundo hai moita consumiciòn que trae consigo moita contaminaciòn,que provoca verdadeiras catàstrofes que nos afecta directa e indirectamente a nosa saùde e o noso contorno.
Este mundo non è o que era,e qenes nolo poden explicar son os nosos avòs e bisavòs.
Conclusiòn de Javier Sobrido Yarza:
Eu creo que isto ten soluciòn pero serìa moi difìcil sen a colaboraciòn de todos.
Primeiro terìamos que cambiar o noso estilo de vida porque agora mesmo a sociedade e moi consumista.Os primeiros que terìan que actuar serìan os polìticos establecendo leis mais duras contra a contaminaciòn.Tamèn terìamos que actuar individualmente reciclando todo o posible.Entre todos estamos contribuìndo a un cambio moi brusco.E terìa que progesar o mundo para a utilizaciòn de enerxìas non contaminantes e o uso de enerxìas reciclables.
Con todo isto quero decir que terìamos que modificar moito a nosa forma de vida.
Conclusiòn de Lara Domìnguez Insua:
Estou de acordo cos meus compañeiros nalgúns aspectos, non estamos a tempo para nada. Cada vez hai máis industrias, as fabricas destrozan o medio ambiente. Os vertidos tóxicos cada vez son máis abundantes..un claro exemplo é o que está pasando aquí mesmo na Pobra. As fábricas botan os seus vertidos ao mar e toda a zona do areal está danada por culpa de iso. Pero cómo podemos facer as perseoas de hoxe en día para poder acabar con todo isto? SInceramente esta e unha pregunta á que eu non lle encontro resposta. Cas fábricas, co fume dos coches, non podemos acabar xa que as precisamos para poder sobrevivir..pero si poderian ser utilizadas en menores cantidades ou ben con máis coidado. Este mundo estáse a acabar e ninguén intenta facer nada para soulucionalo. Coa colaboración de todos acabar con todo isto sería posible.
Comentario de Alba Davila Sanisidro:
Eu penso que aínda estamos a tempo de poder arranxar esto un pouco pero non de solucinalo de todo, porque tiñamos que estar todos de acordo e tomar algunhas medidas.Tal e como està a sociedade hoxe en día e moi difícil de poder arranxar o que xa està feito pero bueno nada é imposible polo tanto penso que sì que estamos a tempo. Ainda que terìamos que cambiar moitas cousas da nosa vida e isto serìa un cambio moi dràstico porque cada vez queremos màis avances e isto ten un precio porque todo o que temos o fan as industrias.