Novembro 14, 2008 at 8:25 am (Uncategorized)

Video do cambio climático

CAMBIO CLIMÁTICO

Ligazón permanente Deixar un comentario

XA ESTÁ AQUÍ FREAO

Novembro 13, 2008 at 8:20 pm (Uncategorized)

ATENDE E PENSA UN POUCO

 

A ENERXÍA Ó LONGO DA HISORIA

 

Antes da Revolución Industrial do s.XVIII non existían as grandes fábricas. O traballo manual, a habilidade e o esforzo desempeñan un papel moi importante. Sen embargo xa había producción en serie.

O ser humano ó longo da historia foi buscando formas de xerar enerxía para facer unha vida mais sinxela. Gracias ao uso do coñecemento das formas de enerxía,foise capaz de cubrir as necesidades básicas.

A necesidade de enerxía é unha constatación dende o comezo da vida. Un organismo para crecer e reproducirse necesita enerxía. Os primeiros organismos obtiñan a enerxía directamente do Sol.

A utilización do vapor permitiu ampliar a producción. Apareceron as grandes fábricas e con esto foron desaparecendo os artesáns e estes fóronse convertendo en obreiros.

Todos estes feitos produciron transformacións na economía e na sociedade, e por esta razón se lle denominou a este proceso Revolución Industrial.

A fins do século XVIII ca aplicación da enerxía hidráulica a os procedementos industriais apareceron as fábricas chamadas ata entón muiños.

Co paso dos anos os científicos foron descubrindo outro tipo de enerxías. En primeiro lugar temos a solar fotovoltáica, en segundo lugar a xeotérmica que foi desenvolta para o seu aproveitamento como enerxía eléctrica en 1906. tamén a primeira central maremotriz que foi a de RANCE, en Francia.

Tamén aparece a electricidade e a destilación de petróleo,que producen importantes avances. Invéntanse máquinas accionadas con enerxía eléctrica. A destilación do petróleo e a obtención do gasoil e o kerosene, permiten utilizar combustibles como fonte de enerxía.

    Hoxe en día os combustibles fósiles son os mais utilizados pero como xa sabemos, son limitados e é necesario desenvolver novas fontes de enerxía e mellorar a eficiencia das xa existentes.

 

REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Cara o ano 1780,en Inglaterra se creou un cambio económico e social que orixinou a Revolución Industrial.

Causas:

Expansión do comercio

Aumento da poboación           

O aumento da poboación produciuse gracias a que a mortalidade Europea se reduxo. Tamén o aumento da poboación foi maior nas cidades e se produciron migracións especialmente cara América.

As melloras na agricultura favoreceron moito para q se fixera ese aumento,porque ao aumentar a producción, permitiu alimentar a unha poboación en rápido aumento.

 

As melloras técnicas proporcionaron man de obra para a industria.

Os beneficios obtidos polos terratenentes foron invertidos na agricultura,no comercio e nas novas industrias.

A necesidade de metais para os instrumentos agrícolas e a demanda de maquinaria, provocaron a evolución da industria metalúrxica e siderúrxica.

A innovación mais importante foi a máquina de vapor de James Watt que produciu consecuencias de gran importancia como a forte reducción do custe de enerxía.

 

 

Este desenvolvemento tecnolóxico na industria fixo posible a aparición da fábrica.

No tema político produciuse un afianzamento político da burguesía.

Tamén houbo cambios na vida porque a poboación concentrouse nas cidades con actividade industrial.

A producción en serie abaratou moitos artigos polo que deste modo melloraron as condicións de vida.

O traballo doméstico se fixo mais curto, ao incorporarse miles de mulleres ao traballo industrial.

As costumes da familia cambiaron a medida de que as mulleres comezaron a traballar fora do fogar.

 

 

CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO

Para dentro de 100 anos, a temperatura media da terra podería subir ata 6 graos, ocasionando a destrucción de moitas especies.

Millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e se espera que o seu uso se multiplique para o ano 2025. Moitas persoas están mal nutridas e se prevén un descenso na productividade agrícola en moitos países tropicais e subtropicais.

Os cambios do clima conducirán a un aumento no número de persoas con resgo a contraer enfermidades.

Cada ano moitas persoas sofren graves consecuencias debido a inundacións e se pensa que este número se duplique.

Estamos destruíndo o único planeta que temos e temos que darnos conta de que ese destino é irreparable.

 

  

CHARLA CON RAMÓN

Na nosa visita ao centro de xubilados encontrámonos cun agradable home disposto a axudarnos. O seu nome era Ramón López García de 84 anos de idade.

 

Ao principio da entrevista estaba un pouco nervioso pero pouco a pouco foi collendo confianza. A nosa primeira pregunta foi sobre as suas casas, queríamos saber como eran. Ramón botou un pequeno sorriso e nos dixo que eran iguais que agora. Para profundizar máis a nosa entrevista, preguntámoslle si eran máis pequenas ou si tiñan todo nunca soa habitación. Explicounos que había casas nas que no baixo do piso había vacas. Pero xa non o recordaba ben, vira algunha pero el non vivira nesas condicións.

 

Contóunos que eran sete irmáns e que ían vivindo cos poucos cartos que gañaba o seu pai navegando, ata que chegou a gerra. Ramón tivo que comezar a traballar coma un home, nas leiras con tan só 11 anos. Con tristeza recordaba aqueles tempos nos que a vida non era nada doada.

 

Formulamos a nosa seguinte pregunta, desta vez interesábamos saber como eran as ruas do noso pobo. Ramón botouse a rir. Díxonos que aquí na Pobra as ruas sempre foron iguais e que él non viviu sempre aquí. Tivo que ir a Estados Unidos e tamén estivo navegando.

 

O noso seguinte obxetivo era coñecer se daquela tiñan electrodomésticos. Interesóunos especialmente saber onde cociñaban, se tiñan frigorífico. Falóunos de que tiñan unha lareira de pedra, alí coas suas machadas cortaban a madeira e prendían o lume. Para continuar coa agradable conversa preguntámoslle como lavaban a roupa, se ían aos lavadoiros; sen ningún problema respondeunos que de todo iso ocupábanse as mulleres. Ian ao río e alí cada muller tiña a sua propia pedra para lavar.

 

A nosa seguinte pregunta estaba dirixida aos alimentos. ¿Comían os alimentos que eles mesmos collian? Comentóunos que non lles quedaba outro remedio porque non podían pagar outros alimentos xa que a miseria era moi abundante nese tempo. Tampouco había maneira de conservalos. As comidas as facían o mesmo día senón os alimentos apodrecian.

 

O noso amigo Ramón cóntanos como no seu tempo so existia un automóvil. Este vehículo a unica utilización que tiña era transportar aos enfermos dun lado para o outro, era como un taxi ao que lle chamaban “o de Cerqueira”.

 

A sua primeira golosina logrou tomala antes da guerra xa que o seu pai sempre lle traia algo de comer e de xogar. Con gran soltura e simpatía Ramón contóunos que a Navidade sempre se celebrou e que eran moito máis frias que agora.

 

Festas como a do Nazareno ou a do Carmen dos pincheiros sempre se celebraron. Tamén formaban as suas propias festas no monte. Tocando as pandeiretas e cantando pasaban o seu tempo de camiño á montaña. Entre risas Ramón nos confesou que o que nunca faltou nesas festas era “o garrafón do viño”.

 

Dende o punto de vista deste home a vida mellorou un 1000% xa que antes era moi dura. Ramón con 400 pesetas compraba de todo porque naqueles tempos todo era máis barato.

 

Así foi a entrevista co noso amigo Ramón, sen dúbida unha entrevista moi agradable.

 

Un forte saúdo para o noso compañeiro.  

 

Ligazón permanente 1 comentario

Novembro 13, 2008 at 8:15 am (Uncategorized)

aquí podedes escoitar a charla con Ramón

charla

Ligazón permanente Deixar un comentario